Poesía entre liñas





Este ano celebramos o Día da poesía inaugurando a nosa exposición Poesía entre liñas; un proxecto colaborativo entre a Biblioteca Escolar e os Departamento de Lingua Galega, Lingua Castelá, Inglés, Francés e Latín do instituto e que está incluído dentro do proxecto de centro Eu protesto.



A Blackout Poetry, tamén chamada Poesía Opaca, Poesía Escura ou Destrución Creativa, consiste en agochar as palabras que non se precisan dunha folla de libro, xornal, revista… e deixar visibles só aquelas que conformarán o noso poema. É unha idea orixinal do autor, debuxante e deseñador web Austin Kleon, que afirma o valor de inspirarse no traballo dos demais para comezar o noso propio. Pero non podemos deternos aí, na mera copia, senón que debemos intentar achegar algo que, á súa vez, sirva de inspiración a outros.




Esta corrente poética consiste, basicamente, en partir dun texto que xa está impreso e, empregando un rotulador negro, ir eliminando todas cantas palabras nos sobren para “rescatar” o poema que está agochado baixo a prosa cotiá, coma quen descobre un tesouro enterrado. E iso vén sendo a poesía: rescatar entre o ordinario as palabras que, unha vez xuntas, nos levarán directas ao extraordinario; rescatar O INVISIBLE.



Comentarios