Aprendendo xaponés


O luns 6 de maio celebramos no club de manga un pequeno obradoiro de xaponés grazas ao profe Eli (Eliezer Rajoy), que nos deu unha clase básica sobre o idioma e algúns costumes. Por exemplo, contounos que a escritura xaponesa está importada de China e que os “kanjis” son un dos tres sistemas que teñen no Xapón para escribir. 



Falounos tamén do importante que é presentarse de forma axeitada cando coñeces a alguén, xa que a maneira na que nos comunicamos coa outra persoa depende de moitos factores (idade, rango, situación…). E nesta presentación hai que ter en conta o grao de inclinación co que saudamos, porque todo ten un significado. O tema dos saúdos e das despedidas resultounos especialmente curioso. Logo, tendo na man unha chuleta cos “kanjis” máis habituais, estivemos facendo prácticas e fomos capaces de descifrar algunhas palabras escritas en xaponés, como “sayonara”, “ikebana”, “mikado”, “katana” ou “tamagochi”. Quedounos claro que nos vai levar unha chea de anos dominar este idioma, pero tamén que pode ser moi divertido!

Comentarios