COMICON DE MOAÑA


O venres 3 de maio o noso club de manga colleu o barco para asistir á unha cita importante en Moaña: a III edición da Comicon, na que nos xuntamos con alumnado procedente de 14 institutos de Vigo, Tui, Nigrán, Moaña, Cangas, Bueu...



Foi unha festa chea de encontros, eventos e actividades: búsqueda do tesouro, scape room manga, concurso de Pokemon e de debuxo, teatro de marionetas, Jugger, Quiz de Harry Potter, Pictionary anime, concurso de talentos… 


ademais das pistolas nerf e os videoxogos, que estiveron funcionando todo o día.  

A contribución dos Manganiakos do noso insti foi a organización 
dun Random K-Pop, que resultou todo un éxito. 

Esperamos volver o ano que vén e pasalo tan ben coma este.

Comentarios