Letras e terra


Onte rematamos a Hora de ler dun xeito moi espcial, celebrando a festa das nosas letras cun acto de homenaxe á figura de Antonio Fraguas.


Lemos varios textos sobre o autor e o seu papel recuperador da cultura popular, cantamos o himno galego e rematamos coa plantación dunha sobreira, árbore que dá nome ao lugar onde está emprazado o instituto. 


Finalmente, o alumnado pudo fotagrafarse nunha recreación figurativa de mestres da nosa cultura como Castelao, Rosalía ou o propio Fraguas.


Grazas ao profesorado de Lingua Galega e de Educación Plástica pola organización e dedicación a elaboración da decoración e das maquetas. Grazas a todos os que coa súa colaboración fixeron posible o evento.
Feliz Día das Letras!

Comentarios