Obradoiro de debuxo



O luns tivemos a sorte de contar con Iago Araujo de Cóic Clases Vigo para impartir u obradoiro de debuxo no noso Club de Manga. Só durou unha hora, pero deunos tempo para aprender a compoñer unha figura humana a partir dun bocexo e tamén algunhas posturas típicas do manga.


Explicounos o importante que é tomar como punto de partida un bocexo e do tempo que nos aforra á hora de compoñer a viñeta. Saímos rebosantes de entusiasmo e con ganas de poñernos a debuxarxa mesmo!



Comentarios