Youtubers por un día

En ITI estamos en pleno proceso de creación. Nesta avaliación convertémonos en Youtubers. Queremos gravar vídeos para explicarlle aos nenos e nenas que veñen o próximo curso que se pode facer nos recreos no no IES Valadares. 


Desta vez empregamos fontes orais para investigar. Fixemos ENTREVISTAS a profesorado e alumnado para coñecer de primeira man que actividades se fan e de que espazos podemos disfrutar. Agora estamos creando os TEXTOS e os GUIÓNS GRÁFICOS para poder comezar a gravar a próxima semana.


 No noso Laboratorio de información podedes consultar o noso proxecto.
Moi pronto veredes o resultado!


Comentarios