Un día moi especial



É imposible revivir o día de hoxe sen sentir a emoción latente que se respiraba no Sobreiral. Foi un momento máxico no que puidemos poñer cara a todas as persoas que confiaron en nós e as que nos axudaron a levar a cabo este proxecto. 


Foi un momento máxico porque os focos non puideron eclipsar o fulgor que se desprendía de cada palabra, xesto e movemento do noso alumnado. Amosaron con orgullo a súa biblioteca. Ensinaron como  traballan día a día en cada un dos recunchos. E fixeron patente a súa entrega e ilusión.



A palabra e a música foron as protagonistas dun acto que se preparou con moito esmero coidando cada detalle para que os nosos convidados e convidadas se sentiran coma en casa.


O son e a imaxe compartiron protagonismo a partes iguais.



Ata o último momento mantívose o suspense e a sorpresa porque os máis pequenos tiñan preparado o fin de festa. Contaron con paixón o desenvolvemento da súa tarefa para compartir con todos e todas as galletas que fixeron estas semanas.

Grazas por compartir con nós este día tan importante!

Comentarios

  1. Grazas a este alumnado tan marabilloso e ao noso equipo directivo por apoiarnos sempre

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por compartir as túas palabras neste sobreiral.