Comic-con en Tui







O pasado 10 de febreiro os Manganiakos fomos convidados polo club de manga do IES San Paio de Tui, Tuitaku, á súa segunda Comic-con. Alí coincidimos cos clubs do IES Alexandre Bóveda de Vigo, do IES Indalecio Pérez Tizón, tamén de Tui, e Escolas Proval de Nigrán.



Foi unha xornada fantástica na que houbo unha chea de actividades para escoller, algunhas delas organizadas polos outros clubs participantes. 




Entre as máis valoradas polos nosos mangas están o xogo de Escape Room, os concursos de debuxo e cosplay (nos que levaron sendos premios África e Martín), o Adivina o Opening ou a competición de Pokemon Mario Kart.




Témoslles que agradecer o ben que nos atenderon en todo momento e é obrigatorio felicitalos pola súa excelente organización. 




Pronto nos vai tocar a nós organizar tamén unha xuntanza. Oxalá esteamos á altura das celebradas ata agora!

Comentarios