III Certame fotográfico Ponte nas Ondas

Xa está feito e a sorte botada!
Ufff…!!!! Este ano superámonos. Vimos de enviar os traballos para o III Concurso de colecta das imaxes do Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-portugués. PONTE NAS ONDAS!!
Este certame, que xa vai na terceira edición, consiste en rescatar dos arquivos particulares fotografías anteriores a 1970 e describir, nun máximo de 250 palabras, a historia oculta detrás delas.
Se na convocatoria do pasado ano presentaramos uns vinte traballos e obtivemos o segundo premio, este ano, que chegamos aos setenta e sete, temos moitas esperanzas postas en superarnos. 
Desexamos a todo o alumnado participante moita sorte. Vese que rebuscaron ben nas gabetas da casa, pois van fotos moi fermosas, e máis fermosas aínda son as historias que agochan.

Grazas a todos os que achegaron as fotos e as súas familias por ter compartido con todos nós estas fermosísimas imaxes e historias. E de entre todos, por favor, permitídenos un agradecemento especial á familia de Aarón Figueiredo e ao irmán de Carmen Boado pola súa xenerosidade.
Boa Semana Santa, aínda que sexa na casa!


Comentarios