Reto matemático no Día do libro

Habitación, Interior, Puerta, Vacío, Arquitectura
Nestes días de confinamento debido ao COVID-19, estou dexesando entrar na "guarida" da mina filla adolescente. Puxo algún tipo de contrasinal para poder entrar. Observo que un dos meus outros catro fillos cando chega á sua porta peta. Dende o interior dícese 8 e el contesta 4, resposta ante a cal a porta se abre.

Chega a miña outra filla, pregúntalle polo número 14, ao que contesta 7, e tamén pasa. Entón intento infiltrarme e achégome á porta: dende o interior pregúntame polo número 6, ao que, disimulando a miña voz, contesto 3. Mais a porta non se abre e sinto risas no interior. 

Cal é o truco para poder adiviñar o contrasinal e saber que erro cometín?

Comentarios

  1. Lidia Vila 2ºD
    A resposta correta penso que non e a mitade do número que se canta desde dentro, senón o número de letras de cada número .
    Entón o 6 non sería 3,
    Senón 4 que e o número de letras de 6 (S.E.I.S)

    ResponderEliminar
  2. Que lista Lidia, eu andaba dando voltas e non o atopaba...boa imaxinación e creatividade!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por compartir as túas palabras neste sobreiral.