VIAXEIROS POLA HISTORIA

O alumnado de 4ºESO Historia remata o proxecto do 2º Trimestre coa elaboración de Cadernos de Viaxe (1814-1914).
Inicios do século XIX. O alumnado de 4º ESO Historia inicia as súas viaxes, grazas aos cadernos de bitácoras ou de viaxes, polos Imperios coloniais que ingleses, franceses, alemáns, belgas, italianos, … están tentando crear en África e Asia. Algúns alumnos, mais ouxados, queren coñecer o ocaso dos imperios español e portugués e viaxarán a Cuba en plena guerra de Independencia.


De estar a vivir o derradeiro día da Semana Cultural, hoxe venres teriamos coñecido e visitado a jaima, tenda de campaña beduína, que comezaramos a montar na entrada do centro antes deste paréntese escolar. Nela poderiamos ter lido eses cadernos de viaxe e coñecido aos seus autores e autoras que explicaríannos as súas fermosas historias; manuais que permitiríannos viaxar coa imaxinación a outras culturas, outros pobos, outras paisaxes, … as súas formas de vida, costumes, receitas e xogos… Non queremos esquecer que estes xogos estarían presentes fisicamente para practicar con eles, fabricados polas mans do alumnado de Valores de 1º, 2º e 4º ESO.


Parabéns a todos polo seu extraordinario traballo. Os que tivemos a sorte de lelos sentímonos moi orgullosos do esforzo e creatividade que desprenden.

Comentarios

Publicar un comentario

Grazas por compartir as túas palabras neste sobreiral.