Arrinca o club de manga


O mércores e o venres desta pasada semana arrincou por fin o club de manga. Polos protocolos Covid témonos que dividir en dous grupos e aproveitaremos as horas de recreo deses días para reunirnos.


Este ano estamos cargados de ideas e de ilusión e temos un espazo propio na Aula Virtual para compartir os animes e mangas que máis nos están gustando, os debuxos que facemos, os xogos que organizamos, os cosplay que nos gustaría facer e…  se cadra, un manga creado por nós. Por que non?


Comentarios