Volvemos
Con moitísimas ganas e ilusión, imos celebrar a nosa primeira reunión, para coñecernos, ver como nos imos organizar e coñecer as nosas primeiras lecturas. Será unha renión curta que vos ocupará tan só a metade dun recreo.
Por razóns de Protocolo sanitario non podemos reunirnos todos á vez, como nos gustaría, así que imos facer 3 grupos:
- Grupo 1: 1º ESO A, 1º ESO E e 1º ESO F.
- Grupo 2: 1º ESO B e 1º ESO C.
- Grupo 3: os maiores.
Cando nos vemos?
- O martes 24 de novembro ás 12:00 virá a Biblioteca o grupo 1 (1ºA, E e F) e ás 12:25 o grupo 2 (1º ESO B e C).
- O mércores 25 de novembro ás 11:25 virán os maiores.
Contamos con vós para facer deste club algo moi especial, un refuxio seguro nesta época de tantas incertezas. Que as boas lecturas nos acompañen sempre!



Comentarios