Vídeo da biblioteca

No mes de outubro recibimos no centro un equipo de gravación para facer un vídeo da nosa biblioteca; proposta que se lle fai a todas as bibliotecas que participan dentro do proxecto "Biblioteca LÍA.2". Agora podedes ver o resultado no blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.

Os axudantes foros os encargados/as de ensinar O Sobreiral das palabras e o traballo que se está a levar a cabo. 


Detrás de cada unha das persoas que interveñen estados vós: alumnado, profesorado, familias e persoal non docente. Grazas a todas as persoas que credes neste proxecto e traballades día a día para levalo a cabo!

Comentarios