Reunión virtual con Afaga




Dous espazos, a biblioteca e a aula de 4º A, servíronnos hoxe para videoconectarnos con Suso, terapeuta de Afaga, que nos resolveu moitas dúbidas e curiosidades sobre distintos tipos de demencias. Falamos sobre a súa profesión (que é unha vocación) e sobre como traballan coas persoas afectadas polo Alzheimer, que rutinas teñen e como as levan a cabo, como atenden ás persoas que asisten ao seu centro, que actividades fan, que protocolos seguen (e o complicado que foi adaptalos a esta nova realidade).  Explicounos o gratificante que é o seu traballo como terapeuta. Respondeu unha chea de preguntas que o alumnado tiña preparadas. E o tempo pasou tan rápido que quedaron outras tantas sen facer. 




A próxima xuntanza será coas persoas usuarias do centro de día. Seguimos adiante traballando proxectos que visibilizan os coidados: Teño un amigo en Afaga e Meteovaladares.

Comentarios