Teño un amigo en Afaga

Onte coñecimos por medio dunha videoconferencia ás persoas usuarias de Afaga coas que colaboramos neste proxecto. 


Contáronnos algo sobre a súa vida e logo compartimos con elas unha presentación sobre a festa da Reconquista, cantigas tradicionais, titoriais de baile e ensinámoslles uns pasatempos que preparamos para elas coa temática da Reconquista como eixe central. 


Enviarémosllos para a semana que vén, xunto cos titoriais de baile, para que practiquen. Mesmo nos animamos a cantar "Ven bailar, Carmiña" e "A Rianxeira". 


Ademais, estreamos camisetas co logo deseñado por un dos alumnos que participa neste proxecto.  


Foi unha marabilla de experiencia que imos repetir o mes que vén! 


Xa nos está tardando!!


Comentarios