Club de manga



Na nosa última xuntanza do club de manga aproveitamos para cubrir as enquisas que nos enviaron os compañeiros de Moaña que están organizando a comic-con online vía Discord. Pedíronnos información sobre os medios informáticos dos que dispoñemos e os xogos e actividades nas que estamos interesados en participar ou as charlas ás que nos gustaría asistir.



Aínda nos deu tempo despois de ver algún episodio de Onara Goro, o anime proposto por Berta e Mael. Son episodios brevísimos e absurdos protagonizados por unha flatulencia. E por máis que o tema poida parecer ridículo, non deixa de ser unha interesante análise deste tabú social.


Comentarios