Saída do club de manga

 


Este venres tivemos a sorte inmensa de poder visitar  o estudio de dobraxe Iberolusa en Vigo cun grupiño moi reducido do club de manga. Foi unha saída moi esperada, que xa tiñamos intención de facer xusto cando empezou o confinamento. Este curso retomamos a idea e tivémonos que adaptar aos novos protocolos, por iso só puidemos asistir un grupo pequeno. Pero confiamos en poder repetir a saída con outros integrantes do club de manga.

 
A espera mereceu a pena: puidemos visitar as instalacións, explicáronnos o proceso completo da dobraxe de principio a fin e puidemos facer mesmo unha pequena proba coma se fosemos actrices e actores de dobraxe. 



Estamos moi agradecidas a Iberolusa pola súa boa disposición e xenerosidade ao permitirnos compartir esta experiencia!!


Comentarios