Afaga



Este pasado xoves 29 de abril tivemos un novo encontro coas nosas amigas e amigos de Afaga e co seu terapeuta, Suso, onde fixemos un intercambio de información moi produtivo e entregado. 


Compartimos emocións, risas e lembranzas. Elxs relatáronnos a que se dedicaron na súa vida: algúns ao traballo e o coidado do fogar, das leiras, dos animais... outros de familias mariñeiras, empregados de Citröen... 
Nós presentámoslles un traballo que elaboramos con moito agarimo. Todo relacionado coa estimulación dos sentidos. 



Fixemos unha presentación de imaxes curiosas que mostraban cousas incribles, onde participaron con entusiasmo buscando o que intentabamos que descubrisen. Continuamos cun xogo onde tiñan que adiviñar as cantigas tradicionais galegas que soaban. 



E rematamos todxs cantando. Finalmente presentámoslles unhas actividades para o traballo do olfacto e do tacto, que se lles levará ao centro de día para que traballen cada un coa súa. Coma xa ocorreu na anterior, despedímonos desexando que chegue a seguinte.

Comentarios