Afaga

 

Chegou a última videoconferencia que celebramos coas persoas usuarias de Afaga. Supón o remate deste proxecto de intercambio que resultou moito máis emocionante do que puidemos imaxinar. 


Nesta ocasión, o alumnado de 4º A preparou un roteiro polas rúas viguesas con nomes de muller. E nese mesmo roteiro, incorporamos as rúas nas que viven as persoas que asisten ao centro de día de Afaga coas que compartimos estas vivencias de intercambio. Por cada persoa, unha casiña, que lles levaremos en breve xunto cun mapa para que poidan localizalas e pegalas alí. 



Coma sempre, rematamos con cancións tradicionais (aínda que nesta ocasión tivemos algúns fallos de son).



Para o noso alumnado (e tamén para as súas profes) supuxo unha aprendizaxe de vida e de sensibilización cara aos coidados de colectivos máis vulnerables que, con total seguridade, non esqueceremos.

Comentarios