Charla Carlos Spuch



O venres 30 de maio tivemos a sorte de recibir a visita de Carlos Spuch no noso centro para dar unha charla que se enmarca dentro do proxecto Teño un amigo en Afaga do Club de Letras. Carlos Spuch é un neurocientífico vigués do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur e Coordinador da Rede Galega de Investigación en Demencias. A charla foi dirixida ao alumnado da materia de Anatomía de 1º de Bacharelato.



Unha das asistentes, Elena Barros, resume así a experiencia: "Carlos Spuch amosounos a realidade que hai detrás de enfermidades como o Alzheimer ou outros tipos de demencias. Ademais puidemos observar de maneira moito máis visual a que se dedica el e que sucede cando unha persoa comeza a desenvolver este tipo de enfermidades. Tróuxonos exemplos de fotografías coas que el adoita traballar e amosounos unha morea de imaxes coas que puidemos entender moito mellor todo aquilo que nos estaba contando".
 Logo da charla, Rosalía Villar, tamén alumna de Anatomía, fíxolle unha entrevista na nosa radio.  
Quedamos inmensamente agradecidxs polos coñecementos que compartiu con nós de forma tan amena e fácil de entender.

Comentarios