Charlas
Esta mañá o Club de Diversidade tivo a enorme sorte de poder compartir unha conversa con Priscila, especialista en coeducación, violencia contra as mulleres e políticas públicas con perspectiva de xénero. Priscila colabora asiduamente co Comando Igualdade do Alexandre Bóveda e a súa experiencia serviunos para poderlle comentar as nosas inquedanzas, o que queremos ser e facer como grupo. Non nos chegou o tempo para poder contar todo o que nos gustaría, pero seguro que haberá máis ocasións.
Ao longo deste mes de maio Priscila impartirá varios obradoiros en diferentes niveis, que nos permitirán afondar na importancia dos coidados e autocoidados en diferentes ámbitos, pero sobre todo nas redes.
Quedamos inmensamente felices e agradecidxs por contar con ela!




Comentarios