Comic-con on line


Hai varios anos que o mes de maio é o da comic-con de Moaña, unha cita que esperan con impaciencia moitos clubs de manga. O curso pasado non puido ser; e este parecía case imposible. Pero finalmente os clus de As Barxas e Paralaia tiraron para adiante e organizaron un evento online vía discord que durou toda esta fin de semana e no que participamos os clubs de nove centros de Pontevedra.

Aos tradicionais concursos de debuxo ou Adivina o Opening, uníronse torneos de videoxogos por equipos ou de Just Dance, Gartic Phone... Non podían faltar charlas sobre temas que nos interesan, nesta ocasión sobre animación, Shonen Jump, samurais...

Foi unha fin de semana intensa pola que estamos máis que agradecidxs ás persoas que dedicaron tantas horas e tanta ilusión á preparación deste evento.

Comentarios