Concurso de fotografía

Rematamos un curso diferente e complicado. Pechamos un proxecto no que intentamos mesturar estas dúas realidades nas que vivimos. É o momento de abrir os ollos e captar pequenos detalles que nos rodean.


 

Estes días o alumnado do centro ides facer rutas de orientación co profesorado de educación física. Aproveitade esas saídas para facer fotografías cos vosos móbiles e participade neste concurso.

BASES DO CONCURSO

  1. As fotografías deben captar o que nos rodea: paisaxe, animais, vexetación...
  2. Non poden saír persoas.
  3. A autoría da fotografía pode ser individual o de grupo.
  4. Serán enviadas ao correo da biblioteca: biblioteca@iesvaladares.org

    • No asunto hai que escribir “Concurso de fotografía”.
    • A fotografía debe ir acompañada dun título en galego.
    • No corpo incluíde o título e os voso nomes.
Todas as fotografía serán publicadas na conta de Instagram da biblioteca @O_Sobreiral.

PREMIOS
  • Escollerase a mellor fotografía de cada nivel educativo.
  • O xurado estará composto por diferentes integrantes da comunidade educativa.
  • Serán premiadas aquelas que teñan máis “likes” en Instagram e reciban o voto favorable do xurado.
CONTAMOS CONTIGO?

Comentarios