Escritura creativa
A actividades que realizamos esta semana é unha que ao principio resultou estraña, pero unha vez terminada os resultados foron diversión e un desborde de creatividade.
Grazas aos nosos soñadores, casos que levaban anos sen ser resoltos, tiveron un final. Por se a alguén quedaba a dúbida de quen foi a pantasma de Texarkana, pois Perry o ornitorrinco con Katy Perry, dous curmáns en grao sumo curiosos. Tamén a dalia negra logrou por fin ter un asasino con nome, Marcus Green, un carniceiro que gozaba de descortizar ás súas presas para vender a súa carne a 1,5€/Kg. Atreveríaste a visitar a súa tenda, e realizar unha compra?
Moitos dos textos nárranse desde diferentes puntos de vista, que non son sempre o da vítima: xogando así coa voz narradora, e deixando un gran campo aberto para a imaxinación; entrando na psicoloxía de cada persoa, para así poder ver como non todo é branco ou negro, como as persoas poden cometer tolemias por amor, ou que a familia che pode traizoar, e como é que realmente moitos xogamos nunha corda frouxa, e ao caernos, convertémonos no que nalgún momento xuramos destruír.
Comentarios