O poder das imaxes


Poucas veces temos a ocasión de pararnos a reflexionar sobre como se constrúen as conviccións e crenzas dunha sociedade a través das imaxes que nos rodean desde sempre. Disto tratou a charla teórica que nos ofreceu Sabela Fraga para o grupo de 1º de Bacharelato de Artes, dentro das actividades organizadas polo Club de Letras en torno ao tema dos coidados. 


A charla, titulada "O poder das imaxes: novas olladas a través da arte e do feminismo", foi seguida dun obradoiro extraordinariamente produtivo no que o alumnado creou varios collages cargados de crítica e humor.



Non hai como pararnos a pensar para que afloren dúbidas, emocións, conflitos... en suma, debate e confrontación de ideas. Pode haber algo máis enriquecedor dentro dun centro educativo?



Grazas, Sabela!



Comentarios