Perviven nas paredes do instituto

 


Pasou unha semana intensa que xirou en torno á celebración do día das Letras Galegas, pero tamén do Día internacional contra a homofobia, no que se denuncia a discriminación da que son obxecto as persoas con preferencias sexuais diferentes das convencionais.



Quedaron atrás as semanas previas de preparación de murais, carteis e corazóns.


Pero perviven nas paredes do noso instituto, para que non se nos esquezan, as mensaxes pintadas ou recortadas polo Club de Diversidade.




Comentarios