Remate do club de manga


Celebramos a última reunión do club de manga deste curso que foi tan complicado para organizarnos. Fixemos reconto das cousas boas e saíron, entre outras, que o simple feito de estar, de existir, xa pagou a pena. E se ademais de estar, estamos con xente (3D) cos mesmos gustos ca nós, pois aínda mellor. Ademais, permitiunos ver e compartir animes, mangas, ideas... 

e temos un mural en marcha que remataremos ao longo do mes de xuño durante os recreos. 

Que máis se pode pedir?

Comentarios