Última sesión do club de lectura

 O luns 24 de maio acompañounos no último encontro do club de lectura de adultos deste curso a escritora Iria Collazo. Na Editorial Galaxia publicou a novela Coma unha áncora, libro do que estivemos conversando, e o libro de relatos A soidade das medusas, que foi nominado ao mellor libro de literatura xuvenil na Gala do Libro dese ano. Con A casa do paralelo 54 debutou na literatura infantil, e hai un ano publicou por primeira vez un libro de poesía, De casa queimada, na Editorial Alvarellos, que acadou o segundo premio Torre da Caldaloba.





A conversa fluiu nun ambente familiar, no que se falou non só do seu libro se non tamén de temas interesantes coma historias de naufraxios, episodios oscuros da época franquista ou sensacións que ten unha escritora ao longo do proceso de crear unha novela. 
Grazas Iria, grazas participantes, e ata pronto.


Comentarios