Grazas
Non podemos pechar este curso sen darvos as GRAZAS a todas as persoas que axudáchedes a que a biblioteca do centro estivese viva nun curso tan complicado. Se facemos balance podemos dicir que adaptámonos ás circunstancias deseñando novos espazos, tempos e rutinas e seguimos mantendo vivo o espírito do sobreiral. Por iso… GRAZAS!
a todo o profesorado do centro que colaborou neste proxecto con diferentes iniciativas e o seu traballo,
ao equipo directivo polo seu apoio,
ás familias que nos seguiron dende a distancia,
ao persoal non docente que nos axudou a levar a cabo os novos cambios,
ao grupo de voluntariado que organizou e dinamizou a biblioteca cada día,
ao Club de lectura por seguir mantendo vivo o espírito lector,
ao Club de manga por seguir compartindo lecturas, animes e obradoiros,
ao Club de diversidade por iniciar esta ilusionante proposta,
ao Club de escoita por seguir mantendo os lazos de unión cos nenos e nenas dos colexios veciños,
ao Club de escritura creativa que lle deu voz e protagonismo á palabra,
a toda a rapazada que convertéchedes a biblioteca no voso punto de encontro,
a todo o alumando que participou nas actividades propostas.
GRAZAS!
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por compartir as túas palabras neste sobreiral.