Identidade



O Club de Diversidade cambiou na última xuntanza o seu espazo habitual de reunión para podermos representar unha pequena peza teatral que fala da liberdade e da identidade. Esta obra, Identidade, de Nee Barros Fernández, conta a historia de Zé, que percorre en compañía de amigxs e familiares un camiño no que as vendas negras que tapan ollos (e almas) van caendo pouco a pouco ao chan. Zé rompe moldes para ser quen quere ser.




O grupo de Diversidade de 3º ESO, incluídxs Sandra e Ismael, prepararon a representación para o resto, que tivemos a sorte de desfrutala e aplaudila. Queda pendente un coloquio sobre o tema, xa na próxima xuntanza.



Comentarios