Misterios de Valadares

Misterios de Valadares é o produto final dunha tarefa integrada traballada en ITI, Lingua Castelá e Matemáticas en 1º ESO. Despois de indagar e analizar as características dos textos narrativos e aprender as ecuacións o alumnado escribiu os seus propios textos.



Preme na fotografía para ver o libro.

É un libro moi especial. 

Un libro feito por nós para toda a comunidade educativa...
Os relatos están ambientados no instituto de Valadares.
Cada historia remata cun enigma que poderedes resolver en familia.

Un libro cooperativo...
As historias foron escritas empregando a estrutura 1, 2, 4 de aprendizaxe cooperativa.


Un libro en diferentes formatos...
Impreso, dixital e audiolibro.
 Cada historia vai acompañada dun audio gravado polo propio alumnado.
Na biblioteca teremos un exemplar que pasará a formar parte da nosa colección. 


Un libro que contou con colaboracións...
Grazas a Lucio, profesor de XH, por escribir o prólogo.
Grazas a Alberto, alumno de 1º BACH, pola fotografía da portada.

Un libro para vós...

Comentarios