Último programa de MeteoValadares

 


Estamos un pouco tristes. O curso acaba e comezamos a pechar proxectos que foron ilusionantes neste ano incerto. Onte gravouse o derradeiro podcast do noso programa estrela: MeteoValadares. Detrás dos micros estaba un equipo que traballaba colaborativamente para compartir con nós a predición do tempo de cada fin de semana.



GRAZAS...

 a Anxela por liderar e dirixir este equipo,

 a Arón, Derek, Irene, Mateo e Rodrigo polo seu traballo e ilusión,

a Carmen Somoza, Bea e Flor pola súa colaboración.





Comentarios