Encontro con Bieito Ledo



Este 13 de decembro de 2021 inauguramos unha nova xeira do Club de Lectura de Adultos, desta volta coa presentación da obra Cavilacións, do editor e escritor ourensán afincado en Vigo, Bieito Ledo.


Gozamos enormemente das anécdotas da época en que exerceu o sacerdocio en Arzádegos, así como da súa experiencia coma libreiro en Ir Indo, que co tempo converteu no seu selo editorial.



Coas súas verbas descubrimos o seu vencellamento á editorial Galaxia e a moitos dos intelectuais galeguistas da segunda metade do século XX, así como o seu labor a prol da nosa cultura dende o Círculo Ourensán-Vigués e os Premios da Crítica de Galicia.

Comentarios