Enderezo descoñecido
2º de Bacharelato é un curso moi estresante no que o alumnado adoita centrarse só no estritamente académico pero este ano temos un grupiño de afoutas alumnas que se anotaron no noso club e estamos encantadas! Porque para desconectar, precisamente, que mellor que un libro?
Nesta avaliación lemos Enderezo descoñecido de Kressmann Taylor que, en palabras de Ana, é un libro "impactante"!
Así pasamos o recreo falando do nazismo, da vinganza e mesmo do concepto de banalidade do mal de Hannah Arendt! E o mellor, escoitándonos un rapaz que non é do club levou o libro para ler neste Nadal, quen da máis? 😉
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por compartir as túas palabras neste sobreiral.