Época de cambios



Estes meses afrontamos un novo reto na biblioteca: cambiar o programa de xestión. Aproveitamos a ocasión para facer limpeza do catálogo e revisión dos fondos. 


Ademais temos que pegarlle a cada libro un código de barras que nos facilitará os préstamos e as devolucións. 

Este traballo é posible grazas a colaboración de alumnado e profesorado que participa nestas “quedadas para pegar códigos”.


A mediados de mes coñeceredes o novo catálogo virtual.

Comentarios