Cartonaxe


Este mes na biblioteca, nos recreos, tivo lugar un obradoiro de cartonaxe no que participaron alumnas de 1º da ESO e que foron guiadas por Jezabel, a nai unha compañera súa. Queremos agradecerlle o seu tempo e dedicación. Grazas por esta experiencia creativa fantástica!



 "Sempre me gustou moito facer manualidades de todo tipo e empecei a facer álbumes (scrapbooking) fará dous anos máis ou menos. Tocoume no confinamento facer un agasallo para un profe de parte das familias dos seus nenos. E a partires de ahí enganchoume moito. E logo xa e experimentar e crear coas túas propias ideas. Se o tes na mente seguro que podes facelo dunha meneira ou de outra, con papel, cartón, madeira ou calquer material que se adapte a tua idea".
Jezabel

Comentarios

Popular