Enriquecemos as nosas lecturas!
No noso último encontro seguimos falando do libro Os corpos invisibles de Emma Pedreira.
No libro, o personaxe de Prometea Stoner fai unha homenaxe a Mary Shelley e outras escritoras británicas do século XIX reivindicando a súa importancia. Nomes como Charlotte e Emily Brontë, Aphra Ben, Jane Austen, George Elliot...son descoñecidos para moitos lectores así que decidimos enriquecer a lectura creando pósters dixitais sobre elas que engadiremos aos exemplares da nosa biblioteca a través dun código QR.
Esperamos que o resultado sexa de utilidade para as próximas lectoras e lectores desta fantástica obra!
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por compartir as túas palabras neste sobreiral.