Falamos sobre Matar a un ruiseñor

 


Xa sabemos que a unha parte do noso club o libro lle está resultando bastante complicado, aínda que tamén hai algunha que rematou moi enganchada. Como semellaba que moitos non entendiades ben o contexto, puxemos dous fragmentos da película de Robert Mulligan. Axudounos a entender como é Maycomb,  ademais do contexto da gran depresión e o ambiente no Sur de EEUU nesa época. 

Nesta sesión tratamos temas moi interesantes, como os roles de xéneros, como ven os nenos ao seu pai e como ven os demais a Scout. Lemos algúns dos fragmentos máis significativos da novela, como onde se menciona o significado do título, a conversa entre Atticus e Scout na que lle explica por que vai defender a Tom Robinson. 

Quédanos o máis emocionante para a próxima sesión: o xuízo e un final inesperado!






Comentarios

Popular