Roteiro Segredos no Solpor e visita a Libraida
Rematamos o curso co mellor sabor de boca posible: un roteiro literario da man do último libro deste ano: Segredos no Solpor de Iria Misa.
Visitamos os lugares que aparecen na obra e que, inda que nela a vila recibe o nome de Bico, non son máis que un compendio de Baiona e Sabarís, recunchos que forman parte da vida da escritora, Iria Misa. E fomos lendo as súas descricións nas distintas paradas:
Pola tarde, achegámonos a Gondomar onde está a nosa librería de referencia: Libraida. Alí, aproveitamos para elixir novos libros para a nosa biblioteca seguindo os sabios consellos de Aida. E mesmo houbo unha afortunada que gañou un libro por sorteo!!
E así pechamos este curso, con ganas de máis para o ano que vén!!
Comentarios