Despedida



Pechamos un curso intenso en Onda Valadares. Foron moitos os programas que se gravaron e as propostas que xurdiron. Isto foi posible grazas ao equipazo que hai detrás.


Mais este equipo queda coxo para o próximo curso. Irene, a nosa locutora, marcha do instituto para estudar o Bacharelato de Humanidades. Botaremos de menos escoitala e vela detrás dos micros. 


Grazas Irene polo entusiasmo e a ilusión que soubeches transmitirnos a través das ondas!

Comentarios