Grazas!

Sempre defendemos que o valor máis importante que ten a nosa biblioteca sodes vós, a rapazada que a mantedes viva lendo, escribindo, traballando, creando, falando, escoitando… e, por suposto, axudando. O grupo de axudantes sodes imprescindibles na nosa labor diaria, coidades con esmero e dedicación cada detalle e cada actividade. Antes de pechar este curso gustaríanos agradecervos o voso traballo. É un pracer poder contar con vós porque cada persoa do grupo fai que o Sobreiral das palabras sexa especial.


Queriamos facer unha mención especial a Alberto Montull. Durante catro anos formou parte deste equipo e participou activamente nas actividades de xestión, organización e dinamización. Foi unha peza clave no deseño e na creación da nova biblioteca e na mellora dos recursos audiovisuais. Lonxe quedan as sesións do club de reporteiros nas que nos amosou as súas habilidades e a súa sensabilidade pola creación audivisual.


Aproveitou os últimos días na biblioteca para deixar listos pequenos detalles: luces intelixentes, elementos de decoración, carteis, instrucións, recomendacións…  


Aquí deixas a túa pegada!
Grazas polo teu traballo!
Boa sorte!



Comentarios