Hora de LER
A Hora de ler nace no noso centro cun obxectivo claro: fomentar o hábito lector ente o noso alumnado e mellorar a súa competencia lectora.
Dende o 3 de outubro dedicaremos unha hora á semana a LER nas aulas de secundaria. Se o profesorado o considera oportuno poderá facer esta Hora de lectura ao aire libre ou na biblioteca reservando previamente.
Que poderás ler?
- Poderase ler lecturas que traerán da casa ou as lecturas obrigatorias.
As propostas lectoras poderán ser feitas polo profesorado da materia implicada.
Todo o profesorado que o precise poderá solicitar ao equipo de biblioteca algunha lectura ou lotes de libros.
Na aula virtual hai subidas lecturas relacionadas con diferentes temáticas para que o alumnado poida ler no ordenador ou nos seus dispositivos móbiles. Profesorado e alumando poderá acceder como “convidado”. Este espazo pódese mellorar coas achegas de todo o profesorado.
Nas aulas de 1º e 2º ESO haberá bibliotecas de aula.
As bibliotecas de aula de 2º ESO son caixas temáticas que se rotarán durante o curso:
Sen barreiras.
Arte e xogo.
Natureza.
Un mundo por descubrir.
Comentarios