O corazón de Xúpiter
Onte comentamos a nosa lectura desta avaliación, O corazón de Xúpiter de Lecidia Costas.
Falamos dos seus personaxes, de astronomía e mitoloxía... Puxémosnos no lugar de Isla, como nos sentiriamos ao ter que cambiar agora de lugar, de vida, se seriamos quen de namorar a través da rede...
Unha conversa moi interesante. Que bonito cando, a través de falar dun libro, coñecemos máis dos demais e de nós mesmos!
Comentarios