Xornalistas do club de lectura

Hoxe tivemos a nosa reunión mensual e tocaba rematar de falar do libro O Corazón de Xúpiter de Ledicia Costas. 


O seu potente final foi demasiado para algunhas...pero está claro que non deixa indiferente!

Despois puxémosnos na pel dun xornalista e creamos preguntas para facerlle a escritora. Traballamos en equipos e despois cada equipo ordenou as preguntas de outro equipo da que máis á que menos lles gustaba. Así nos quedou unha escolma estupenda! Agora a ver se temos a sorte de que nos faga unha visita Ledicia!








Comentarios