Amármonos para amar

Este 20 de febreiro de 2023, no Club de lectura de persoas adultas do IES Valadares, estivemos con Amada Traba e Chis Oliveira, autoras de ám@me Pensar o amor no século XXI.


Nas case dúas horas que compartimos fluíu entre nós o vencello da escoita atenta e da reflexión crítica a respecto da necesidade da afectividade nas relacións entre persoas, especialmente entre persoas coas que nos relacionamos a través dun vencello amoroso ou sexual. Concluímos que o amor do século XXI que queremos é ese que nos trate co cariño dunha persoa amiga, coidándoa e deixando que nos coide, sen violencia, sen celos, sen medias laranxas e amores románticos, e con autoestima.



Amármonos para amar.

Grazas ás autoras, profesorado e familias que asistiron. Un “pracer lector”!!!!!




Iolanda Rodríguez ( mediadora do club)

Comentarios