Illa de San Simón



O alumnado do club de lectura, o club de escoita e o grupo de voluntariado fixeron hoxe unha saída á Illa de San Simón. Foi a lectura de Noite de voraces sombras a que marcou o destino desta xuntanza. Percorreron como Sara unha illa que agocha segredos e historias que perduran na memoria e no recordo.


Foi unha sesión para coñecernos máis, para compartir e para desconectar. Queriamos pór un peche especial a este curso e agradecerlle a este grupo de lectores, lectoras e axudantes a súa colaboración.



Grazas!

Comentarios