Club de escoita na Galiña Azul

O noso club de escoita rematou a curso facendo unha saída á Galiña Azul de Valadares. Nesta ocasión acompañaron as súas lecturas con música, un binomio infalible para espertar a curiosidade da cativada!

Cada lectura ía acompañada dun xogo elaborado polo alumnado. Fixeron monicreques de pau para Mifi visita o zoo, un puzzle para Violín e unha caixa con puntos de diferentes texturas e tamaños para Un libro.


A música correo a cargo de Noa e Sabela que interpretaron Perfect de Ed Sheeran con flauta travesera e violín.


A cativada quedou prendada dos nosos contacontos e interacción e se divertiron moto cos xogos, sobre todo coa caixa de Un libro, todo un éxito!!






Coma sempre, un placer! E regresamos ao centro con novas ideas para o ano que vén!






Comentarios

Sempre é un pracer ter a visita do voso alumnado. Estamos desexando escoitar máis contos! Ata o vindeiro curso e felices vacacións!

Popular