Pechamos
Pechamos as portas da biblioteca ata o próximo curso. Atrás deixamos os bos momentos, as ilusións e as inquedanzas. Queremos rematar con este vídeo da xuntanza que compartimos alumnado, familias e profesorado; un vídeo que reflicte a biblioteca que queremos: un espazo para falar e escoitar, para aprender e crear, para ser e estar, un espazo para convivir…
Grazas a todas as persoas que día a día axudades a manter vivo O Sobreiral das palabras.
Feliz verán e boas lecturas!
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por compartir as túas palabras neste sobreiral.