Falar e escoitar

Hai momentos máxicos na biblioteca escolar; só hai que preparalos con mimo e agardar a que algo aconteza. As pezas (organización do espazo, recursos físicos e humanos, dinámicas…) teñen que estar listas e un día xorde a chispa. Onte vivimos un deses momentos especiais… Nais, pais, avoas, irmáns, curmáns, alumando e profesoras do equipo de biblioteca pasamos a tarde neste espazo. Fixemos un percorrido guiado, experimentamos como se fai un programa de radio, deseñamos un marcapáxinas, escoitamos música e, por suposto, falamos e escoitamos. 

Compartimos as nosas impresións sobre a nosa biblioteca, as seccións e os recursos, a lectura, a implicación do alumnado… Xurdiron propostas de mellora, compromisos e colaboracións para un futuro próximo. Creouse un clima especial onde quedou de manifesto a importancia dos recursos humanos.

Grazas por participar nesta xuntanza! 

Grazas por compartir con nós as vosas impresións e polo voso cariño! 

Grazas por formar parte deste proxecto!

Comentarios

Popular